Wednesday 03 de July de 2024

Obradoiro “Crea o teu propio set de sushi” no Museo Os Oleiros


O Concello organiza un novo obradoiro no Museo os Oleiros no que os asistentes poderán crear o seu propio set de sushi os días 6,13 e 20 de xullo.

Trátase dunha actividade, dirixida a mocidade entre 14 e 30 anos empadroados no Concello de Oleiros, na cada participante creará o seu propio set de sushi, o decorará cos motivos que máis lle gusten e o último día falarase de todo o proceso ademais de recoller as súas creacións.

Os obxectivos desta actividade son:
– Ofrecer ao público máis novo do concello a posibilidade de experimentar coas técnicas da olería e a cerámica dun xeito práctico.
– Familiarizar aos participantes coas distintas técnicas do traballo do barro.
– Dar a coñecer o importante patrimonio conservado na colección do museo entre o público máis novo.

A actividade é de balde e as inscricións poderán realizarse entre o 13 e o 27 de xuño; o 28 farase o sorteo das prazas e notificarase a todas as persoas que fixeron a inscrición:

1ª quenda (de 10.30 a 12.00 h): https://www.oleiros.org/es/web/forms/shared/-/form/1210733
2ª quenda (de 12.30 a 14.00 h): https://www.oleiros.org/es/web/forms/shared/-/form/1210759

Tamén de xeito presencial no Museo Os Oleiros ou no teléfono 981 626 692 só para aquelas persoas que non dispoñan de acceso aos medios dixitais.